Artigo destacado

Nelson Rolihlahla Mandela, nado en Mvezo o 18 de xullo de 1918 e fnaido en Xohanesburgo o 5 de decembro de 2013, foi un activista, líder político e filántropo surafricano, presidente do país dende 1994 ata 1999. Foi o primeiro xefe de estado de raza negra do país e o primeiro elixido nunha elección democrática completamente representativa. O seu goberno centrouse na disolución do apartheid procurando combater o racismo institucionalizado e fomentar a reconciliación racial. De ideoloxía nacionalista africana e socialista, presidiu o Congreso Nacional Africano (CNA) dende 1991 ata 1997.

Mandela naceu no seo da familia real tembu do pobo xosa. Estudou dereito na Universidade de Fort Hare e na Universidade de Witwatersrand antes de traballar como avogado en Xohanesburgo. Alí comezou a involucrarse na política nacionalista africana e anticolonialista, uníndose ó CNA en 1943 e cofundando a súa Liga Xuvenil en 1944. O CNA encomendouse á disolución do apartheid, o sistema de segregación racial establecido polo goberno de raza branca minoritaria dominante do Partido Nacional. Mandela foi nomeado presidente da rama de Transvaal do CNA, acadando notoriedade coa súa participación na Campaña de Desafío de 1952 e no Congreso do Pobo de 1955. Foi arrestado en varias ocasións por sedición e xulgado no chamado Xuízo por Traizón de 1956, quedando en liberdade. Influenciado polo marxismo, uniuse en segredo ó Partido Comunista Surafricano (PCS). Malia que inicialmente comprometeuse coa protesta pacífica, cofundou a organización armada Umkhonto we Sizwe en 1961 xunto con outros membros do PCS e liderou unha campaña de sabotaxe contra o goberno. En 1962 foi arrestado por conspirar para derrocar o estado e sentenciado a cadea perpetua no Xuízo de Rivonia.

Pasou os seguintes 27 anos en prisión, primeiro na illa Robben e posteriormente na prisión Pollsmoor e na prisión Victor Verster. Tras unha crecente presión doméstica e internacional e temendo unha guerra civil racial, o presidente F. W. de Klerk liberouno en 1990. Mandela e de Klerk negociaron a fin do apartheid e organizaron as eleccións xerais multirraciais de 1994 nas que Mandela liderou ó CNA para obter a maioría converténdose no presidente do país. Liderando un goberno de coalición que promulgou unha nova constitución, Mandela centrouse na reconciliación entre os grupos raciais do país e creou a Comisión para a Verdade e a Reconciliación para investigar abusos dos dereitos humanos no pasado.

Outros artigos destacados • Artigos de calidade

Sobre Galicia

O pazo de Dodro é unha construción civil situada en Vigo, no concello de Dodro, e coñécese tamén co nome de pazo do marqués de Bendaña ou como pazo de Vigo. Crese que o mandou erixir Marcos Fandiño e xa existía a principios do século XVI, non obstante fíxose posteriormente de estilo barroco compostelán, dos séculos XVII e XVIII. Era propiedade do marqués de Bendaña. Frei Martín Sarmiento fai mención do pazo na súa viaxe de 1754, foi descrito por Aubrey F. G. Bell na súa obra Galicia vista por un inglés, determinando que arredor do ano 1920 o pazo e a torre seguían en pé pero medio en ruínas.

Concluída a guerra civil, e tras un acordo plenario celebrado o 4 de abril de 1938, a corporación municipal do concello de Dodro dooulle a propiedade completa do pazo a Francisco Franco. Leváronse para o pazo de Meirás as pedras do pazo, as figuras da capela, os escudos, os gravados etc. e había no pazo de Dodro unha importante biblioteca que se encontra probablemente en Meirás. Na actualidade atópase en moi mal estado de conservación e practicamente só se pode apreciar a que foi a súa capela e algunha das estancias menores. É propiedade particular ó ser vendido durante a transición española.

O concello de Dodro reclamou a devolución de parte do seu patrimonio no ano 2008 para tentar recuperar tódolos elementos posibles dun dos seus edificios máis destacados. De novo, no ano 2020, o goberno municipal de Dodro solicitou a restitución da memoria do pazo de Dodro e pediu que no inventario de bens do pazo de Meirás se identificaran as partes que puideran corresponder ó devandito pazo.

Outros artigos destacados sobre Galicia • O mes de abril na cultura popular galega

Tal día coma hoxe no ano...

Máis efemérides do día de hoxe Outras Efemérides destacadas

Imaxe do día

Igrexa de Bastavales
Vexa o artigo Cantares Gallegos
Outras imaxes destacadas • Imaxes destacadas en Commons

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
Benvida • Índice da Axuda

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.
COMOs • Preguntas máis frecuentes

Comunidade

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 115216 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 321 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Portal da comunidade • Políticas e normas

Meta-Wiki
Coordinación

Commons
Multimedia

Galizionario
Dicionario

Galilibros
Libros

Galifontes
Documentos

Galicitas
Citas

Wikispecies
Especies


Novas


Aprendizaxe


Viaxes

Wikidata
Datos

MediaWiki
Desenvolvemento

This article is issued from Wikipedia. The text is licensed under Creative Commons - Attribution - Sharealike. Additional terms may apply for the media files.