Campaña da Caprecórneca. — Luís Otero Pimentel. 1898.

I

NOS MONTES DE LESTEDO

Onde fago memoria de como me perdín nas brétemas dos montes de Lestedó, unha ves que, sendo mociño, volvía da feira de Mezonzo, acabalo do meu faquiño e acompañados do meu can.

  Cando un é mociño pásanlle cousas do trasno.
  Un día que fun á feira de Mezonzo, cando volvía prá miña casa, montado no meu faquiño, cerráronse de brétemas os montes de Lestedo, e colléronme as tenebras neles.
  Botouse a noite encima, negra como a concenza do usureiro, chovía moi miudiño, e eu non vía o camiño que levaba o faco, nin siquera as orellas deste. Xa perdera o tino, non sabía si iba ben ou mal, e deixei que a besta me levase pronde ela quixese.
  O cabalo tampouco debía estar moi seguro do camiño da nosa aldea, porque andaba perguiceiro e receloso como quen non sabe onde pon o pé: despois de moito tempo que anduvo de este xeito, non quixo andar máis e parouse.
 Eu xa levaba medo, pero aquela parada, púxome os pelos de punta, facéndome voar a monteira.
 Faleille polo baixo ó cabaliño, pra que seguise andando, pero el sigueu parado.
 Chamei por Palomo, o can que viña con nosoutros, pero non me respondeu.
 Porta, casa nin aldea non había, porque non se oía cousa viva. Non se vía lume, non cantaba o galo, non roncaba o porco, non bruaba o xubenquiño, nin ladraba ningún can. Eu nunca vira cousa semellante.
 Abrín ben os meus ollos, pra ver que había diante; pero non vin máis que si os tuvera pechados. Botei o pé á terra. Abracei a cabeza do faco, dándolle un bico na frente, e despois baixeime e tentei o chao, pra ver si tramos camiño ou carreiro; pero non topei unha cousa nin outra: alí non había máis que fieitos, toxos e carpazas. Estábamos perdidos nas soedades da montaña.
 De súpeto chegou ós meus oídos facéndome estremecer, un triste méeee, de unha ovella, presa nas espiñas das silvas ou noutras uñas peores; e arrimándome ó meu cabaliño, sentín que el tamén tembraba morto de medo.
 Volvím a chamar por Palomo pero tampouco contestou. Un lóstrego alumeou o monte, e vin que o can estaba moi caladiño debaixo da barriga do cabalo.
 Estonces eu escramei: ¡Probes de nosoutros, meus filliños, esta noite teñen festa os lobos!

continuar lendo...

Cantares gallegos • Estatuto de Autonomía de Galicia • Himno galego • Historia y descripción de la ciudad de La Coruña • Lei de normalización lingüística • Lei do uso do galego como lingua oficial polas entidades locais • Lei de dereito civil de Galicia • Lei de ordenación do sistema universitario de Galicia • Lei de Seguridade Industrial de Galicia • Lei do Consello Galego de Universidades • Lei reguladora do recurso de casación de Galicia • Lei de creación do Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia • Lei de creación do Colexio de Educadores Sociais de Galicia • Lei de símbolos de Galicia • Varóns ilustres de Galiza

A arte da guerra • A Internacional • Cantigas de Martin Codax • Cantigas de Santa María • Constitución española de 1812 • Constitución española de 1837 • Constitución española de 1845 • Constitución española de 1931 • Constitución española de 1978 • GNU General Public License • Lei Orgánica de protección de datos de carácter persoal • Noso Pai • Proposta dun Novo Estatuto para Euskadi • Sedia-m'eu na ermida de San Simión

Autores:
A  B  C  D  E  F  G  H  I  J  K  L  M  N  O  P  Q  R  S  T  U  V  W  X  Y  Z

Obras:
A  B  C  D  E  F  G  H  I  J  K  L  M  N  O  P  Q  R  S  T  U  V  W  X  Y  Z

Séculos:
s. XII   s. XIII   s. XIV   s. XV   s. XVI   s. XVII   s. XVIII   s. XIX   s. XX   s. XXI

Podes consultar a Axuda para obter máis información de como participar, na que atoparás información de como comezar a colaborar. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.
COMOs

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 2600 contas de usuario rexistradas en Wikisource, e entre elas 4 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan en Wikisource son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos e espazos de conversa.
Portal da comunidade • Políticas

Afonso II · Agostiño de Hipona · Francisco Añón · Aristóteles · Pedro Boado Sánchez · Alfredo Brañas · Xosé Manuel Cabada · Amado Carballo · Martín Codax · Conan Doyle · Martín Balza · Baudelaire · Roberto Blanco Torres · Bernal de Bonaval · Bécquer · Beethoven · Carré Aldao · Rosalía · Diego Antonio Cernadas · José Cornide · Curros Enríquez · Alphonse Daudet · Patricio Delgado Luaces · Anselmo Feijoo Montenegro · Xosé Fernández Neira · Engels · Johan de Cangas · Alain-Fournier · Piotr Kropotkin · Xoán Xesús González · Urbano González · Pessoa · Lago González · Valentín Lamas Carvajal · Manuel Leiras Pulpeiro · Xosé Lesta Meis · Lorca · Enrique Labarta · Losada Diéguez · Machado de Assis · Manuel Antonio · Marx · Ángeles Maestro · Vladimir Maiakovski · Mendinho · Nietzsche · José Noguerol y Camba · Airas Nunes · Luís Otero Pimentel · José Pardiñas y Villalobos · Poe · Valentín Paz-Andrade · Xosé Pérez Ballesteros · Heraclio Pérez Placer · Pero da Ponte · Xoán Manuel Pintos · Pondal · Eugène Pottier · Ruiz Aguilera · Sá de Miranda · Sarmiento · Johan Servando · Walter Scott · Joseph Smith · Bram Stoker · Sun Tzu · Marcial Valladares · Antón Villar Ponte · Vicente Viqueira · El Viejo Pancho · William Butler Yeats

Galipedia
Enciclopedia

Meta-Wiki
Coordinación

Commons
Multimedia

Galizionario
Dicionario

Galilibros
Libros

Galicitas
Citas

Wikispecies
Especies


Novas


Aprendizaxe


Viaxes

Wikidata
Datos

MediaWiki
Desenvolvemento

This article is issued from Wikisource. The text is licensed under Creative Commons - Attribution - Sharealike. Additional terms may apply for the media files.