Texto destacado no mes de xaneiro

Proezas de Galicia, explicadas baxo la conversación rústica de los dos compadres Chinto y Mingote.


José Fernández y Neira. 1810.


Chinto. ¡Dame meu querido Mingote, dame ese abrazo para min tan deseado nestos cinco meses que fai que nonos bimos!

Mingote. ¿Como che podrei negar amado compadre ese abrazo, si pensei que entoda à miña vida para min abia consolo hasta que te non vise?

Ch. ¿E cómo che foi por acá con esos diabros de esos Gabachos?

Ming. Ome nonme fales deso, porque se me encrechan os pelos da cabeza solo en pensar nas cousas que fixseron. As de saber que carta feira da primeira semana de Frebeiro chegaronche á este lugar vinte è catro ¿qué eu inda dudo aora si eran omes? porque che trahian na cabeza por sombreiros ùn-as da quelas que son coma as bacias da feitar que teñen os barbeiros das Vilas de laton, è logo ninche sey si era cola de besta, ou rabo de boy ò que trahian colgando nelas, porque asi como chos bin escapeiche para ò monte, aunque despois bolbin.

Ch. Pero....

Ming. Agarda un pouco que che bou á decer ò que fixseron. Dempois que rexsistraron todo, colleronche as galiñas que puideron, repelaronchas, derreteronche nùn-a caldeira canta graxsa è pingo encontraron, è meteronchas ali, desorte que se pasaron è coceron seique mais cá manteiga, sin botarlles miaxsa de auga, è correndo banchese à bodega, abrironche as pipas, è sacaronche cheos de viño os caldeiros è olas, deixsando abertas as villas, de maneira que todo ò viño se foi pola bodega; desque sopetearon (que os sopetee Satanás) todo ò dia, foronse à graneira, è sacaron en cestas todo ò trigo è centeo que lles dou à gana, è ceibaronllo diante os cabalos: ¡ah! faltabacheme decir que para facer ò lume partironche as uchas è tabo-retes todos, de sorte que abia ùn-a fogueira que non deseaba eu sinon belos nela. Asi que anoiteceu bolbenche à poñer ò lume os caldeiros con viño, è cando eu pensaba que seria para bañar os cabalos, è mais à eles ¡bin morte que me deixsou! que me deron cò mel, è botaroncho todo rebolto cò viño, è dempois beberon da quelo hasta que ò dexsaron de sobro.

Ch. E ti non....

Sobre Galicia

Outros textos

Índices

Autores:
A  B  C  D  E  F  G  H  I  J  K  L  M  N  O  P  Q  R  S  T  U  V  W  X  Y  Z

Obras:
A  B  C  D  E  F  G  H  I  J  K  L  M  N  O  P  Q  R  S  T  U  V  W  X  Y  Z

Séculos:
s. XII   s. XIII   s. XIV   s. XV   s. XVI   s. XVII   s. XVIII   s. XIX   s. XX   s. XXI

Participación

Podes consultar a Axuda para obter máis información de como participar, na que atoparás información de como comezar a colaborar. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.
COMOs

Comunidade

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 2870 contas de usuario rexistradas en Wikisource, e entre elas 6 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan en Wikisource son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos e espazos de conversa.
Portal da comunidade • Políticas

Autores

Afonso II · Agostiño de Hipona · Francisco Añón · Aristóteles · Pedro Boado Sánchez · Alfredo Brañas · Xosé Manuel Cabada · Amado Carballo · Martín Codax · Conan Doyle · Martín Balza · Baudelaire · Roberto Blanco Torres · Bernal de Bonaval · Bécquer · Beethoven · Edward Bellamy · Carré Aldao · Castelao · Rosalía · Diego Antonio Cernadas · José Cornide · Curros Enríquez · Alphonse Daudet · Patricio Delgado Luaces · Camilo Díaz Baliño · Anselmo Feijoo Montenegro · Xosé Fernández Neira · Engels · Johan de Cangas · Alain-Fournier · Piotr Kropotkin · Xoán Xesús González · Urbano González · Pessoa · Lago González · Valentín Lamas Carvajal · Manuel Leiras Pulpeiro · Xosé Lesta Meis · Lorca · Enrique Labarta · Antonio López Ferreiro · Losada Diéguez · Machado de Assis · Manuel Antonio · Marx · Ángeles Maestro · Vladimir Maiakovski · Mendinho · Nietzsche · José Noguerol y Camba · Airas Nunes · Luís Otero Pimentel · José Pardiñas y Villalobos · Poe · Valentín Paz-Andrade · Xosé Pérez Ballesteros · Heraclio Pérez Placer · Pero da Ponte · Xoán Manuel Pintos · Pondal · Eugène Pottier · Bernardo Rodríguez · Ruiz Aguilera · Sá de Miranda · Sarmiento · Johan Servando · Walter Scott · Joseph Smith · Bram Stoker · Sun Tzu · Marcial Valladares · Valle-Inclán · Antón Villar Ponte · Vicente Viqueira · El Viejo Pancho · William Butler Yeats

Galipedia
Enciclopedia

Meta-Wiki
Coordinación

Commons
Multimedia

Galizionario
Dicionario

Galilibros
Libros

Galicitas
Citas

Wikispecies
Especies


Novas


Aprendizaxe


Viaxes

Wikidata
Datos

MediaWiki
Desenvolvemento

This article is issued from Wikisource. The text is licensed under Creative Commons - Attribution - Sharealike. Additional terms may apply for the media files.