Artigo destacado

Os elefantes son grandes mamíferos da familia Elephantidae e da orde Proboscidea. No presente, recoñécense tres especies: o elefante africano de sabana, o elefante africano de bosque e o elefante asiático. Os elefantes distribúense pola África subsahariana, sur de Asia e o sueste asiático. Elephantidae é a única familia sobrevivente da orde Proboscidea, e outros membros da orde, agora extintos, inclúen deinotheriidae, gomphotheriidae, mamuts e mastodontes.

Os elefantes son os maiores animais terrestres que existen, pesando até 12 toneladas e medindo por termo medio catro metros de altura. As súas características máis distintivas son os cabeiros de marfil. O macho de elefante africano, o maior animal terrestre, pode acadar unha altura de 4 m e pesar 7000 kg. Estes animais teñen numerosos elementos distintivos, como a súa longa trompa, que empregan con numerosos fins e particularmente para coller obxectos. Os seus cabeiros teñen gran tamaño, e úsanos para mover obxectos, escavar e como armas para loitar. As súas grandes orellas axúdanlles a controlar a temperatura do seu corpo. Os elefantes africanos teñen orellas grandes e o lombo cóncavo, mentres que os elefantes asiáticos teñen as orellas máis pequenas e o lombo convexo.

O elefante africano está clasificado como unha especie vulnerable pola IUCN, mentres que o elefante asiático está considerado como especie ameazada. Un dos seus principais inimigos é o comercio de marfil, xa que son cazados polos seus cairos. Outras ameazas son a destrución do seu hábitat e os conflitos cos habitantes locais.

Outros artigos destacados • Artigos de calidade

Sobre Galicia

Ricardo Carballo Calero, nado en Ferrol o 30 de outubro de 1910 e finado en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990, foi un historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor galego. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela, numerario da Real Academia Galega e membro de honra da Associaçom Galega da Língua.

Autor dunha extensa obra, está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico, postura que defende que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa ou, no ámbito científico, do galego-portugués. Empregou os pseudónimos de Eduardo Colmeiro, Erik Larsson, Fernando Cadaval, Ilex, José Loureiro, Leopoldo Calero, Martinho Dumbria, Namiq Ziyá.

En 1981 foi nomeado Membro de Honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. En 1984 concedéuselle a Medalla Castelao, en 1986 pechou o Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística que deu lugar á creación da Mesa pola Normalización Lingüística, e en 1987 obtivo o Premio da Crítica de narrativa galega pola súa novela Scórpio.

Outros artigos destacados sobre Galicia • O mes de maio na cultura popular galega

Tal día como hoxe no ano...

Hoxe é o Día Internacional dos Traballadores (na imaxe).

Máis efemérides do día de hoxe Outras Efemérides destacadas

Imaxe do día

Un mascato petroleado de chapapote nunha praia do Grove
Vexa o artigo Prestige
Outras imaxes destacadas • Imaxes destacadas en Commons

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
Benvida • Índice da Axuda

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.
COMOs • Preguntas máis frecuentes

Comunidade

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 107115 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 304 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Portal da comunidade • Políticas e normas

Meta-Wiki
Coordinación

Commons
Multimedia

Galizionario
Dicionario

Galilibros
Libros

Galifontes
Documentos

Galicitas
Citas

Wikispecies
Especies


Novas


Aprendizaxe


Viaxes

Wikidata
Datos

MediaWiki
Desenvolvemento

This article is issued from Wikipedia. The text is licensed under Creative Commons - Attribution - Sharealike. Additional terms may apply for the media files.