A intervención diplomática de Eagle Woman tiña como obxectivo acadar a paz. Porén, tralas recolocacións en reservas tratou de convencer os síux para adaptarse á nova era. Apoiounos materialmente cando o goberno dos Estados Unidos de América forzou as tribos a sustentarse por si mesmas dentro das terras estériles das reservas. Eagle Woman foi tamén parcialmente partícipe no grupo de líderes que asinou o segundo tratado de Fort Laramie en 1868, aínda que se opuxo ao tratado de Standing Rock de 1876. En 1882 converteuse na primeira muller en asinar un tratado co goberno dos Estados Unidos de América.
Gañou un conflito de comercio local cando un funcionario do goberno intentou pechar o seu posto comercial para estabelecer un monopolio na reserva. Continuou servindo como mediadora e líder da comunidade cando se produciu a invasión de colonos brancos durante a febre do ouro de Black Hills. Tamén foi elixida polo goberno estadounidense para formar parte dunha delegación a Washington, D.C. en 1872.
Eagle Woman e a súa filla Louise crearon a primeira escola de día na reserva india de Standing Rock. Seguiu axudando ás tribos a adaptarse á vida nas reservas até o seu pasamento en 1888. En 2010 incluíuse o seu nome no Muro da Fama de Dacota do Sur.
Outros artigos destacados •Artigos de calidade
Sobre Galicia
Verónica Boquete Giadáns, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987, é unha futbolistagalega, que xoga como dianteira no AC Milan, da Serie A de Italia. Considerada como a mellor futbolista española da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a única en marcar nunha final. É tamén a única española que foi finalista no Balón de Ouro e a única en ser elixida como a mellor xogadora da liga estadounidense. Foi 56 veces internacional coa selección española absoluta, sendo a máxima goleadora da súa historia, con 38 goles. Foi capitá da selección e liderou a esta na Copa do Mundo de Fútbol Feminino en 2015, o primeiro Mundial no que participou España. Tamén é a capitá da selección de Galicia. Dende febreiro de 2015 é embaixadora da UEFA para o desenvolvemento do fútbol feminino.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
Benvida •Índice da Axuda
Participación
Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.
COMOs •Preguntas máis frecuentes
Comunidade
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 112771 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 279 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.