Artigo destacado

O cazador de papaventos (en inglés: The Kite Runner) é a primeira novela do escritor afgán Khaled Hosseini (na imaxe). Publicada en 2003 por Riverhead Books, conta a historia de Amir, un rapaz do distrito Wazir Akbar Khan de Cabul, cuxo mellor amigo é Hassan. A historia está ambientada nun contexto de conflitos e eventos tumultuosos, dende a caída da monarquía de Afganistán por mor da intervención militar soviética, o éxodo de refuxiados cara a Paquistán e os Estados Unidos, e o alzamento do réxime talibán. Segundo Hosseini, é unha historia da relación entre un pai e o seu fillo que enfatiza os aspectos familiares da narrativa, un elemento que continuou a empregar nos seus traballos posteriores.

Converteuse nun dos mellor vendidos despois de ser impreso en formato de peto e popularizouse en clubs de lectura. Durante dous anos, foi o libro número un entre os mellor vendidos segundo The New York Times, con máis de sete millóns de copias vendidas nos Estados Unidos de América. As críticas foron polo xeral positivas, aínda que algunhas partes do argumento xeraron unha significativa controversia en Afganistán. Logo da publicación creáronse numerosas adaptacións da obra, incluíndo o filme de 2007 The Kite Runner, representacións teatrais e unha novela gráfica.

Outros artigos destacados • Artigos de calidade

Sobre Galicia

The Waylanders é un videoxogo de rol desenvolvido pola empresa coruñesa Gato Studio e estreado para Microsoft Windows en 2020. Baseado nas lendas galegas e na mitoloxía celta, a acción do xogo está ambientada en dous momentos temporais: o período celta e a Idade Media, nos inicios do Camiño de Santiago, e será posible que o personaxe principal viaxe no tempo entre os dous períodos. O xogador poderá tomar o rol dun guerreiro, un gardián, un pícaro, un explorador, un feiticeiro ou un sanador, podendo escoller entre catro formas ou razas, humano, moure, semi-fomore e licántropo. Ademais de escoller a clase e a raza do personaxe, os xogadores poden marcar a súa orixe, elixindo entre: soldado celta, druída celta, exipcio, diplomático moure, protector moure, mercenario sabuxo de Ares, lobo alfa e escravo. Ó longo do xogo, o xogador encontrará varios compañeiros, que terán un papel importante no argumento e no modo de xogo.

O xogo está inspirado en Baldur's Gate e Dragon Age: Origins, e estará dispoñible en varias linguas, entre elas o inglés, o galego (que conta co apoio da Deputación da Coruña), o castelán, o alemán, o ruso, o francés e o chinés simplificado.

Outros artigos destacados sobre Galicia • O mes de outubro na cultura popular galega

Tal día como hoxe no ano...

Hoxe é o Día Internacional das Persoas da terceira idade.
Máis efemérides do día de hoxe Outras Efemérides destacadas

Imaxe do día

Breogán e a torre de Hércules.
Vexa o artigo A Coruña
Outras imaxes destacadas • Imaxes destacadas en Commons

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
Benvida • Índice da Axuda

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.
COMOs • Preguntas máis frecuentes

Comunidade

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 110707 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 266 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Portal da comunidade • Políticas e normas
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews


Novas

Wikiversity


Aprendizaxe

Wikivoyage


Viaxes

Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento

This article is issued from Wikipedia. The text is licensed under Creative Commons - Attribution - Sharealike. Additional terms may apply for the media files.